ALOUETTE MACHINE
imprenta tipográfica ambulante
Somos un proxecto gráfico, político-poético, nómade e itinerante. A través da tipografía intentamos dicir cousas, berrándoas ou murmurándoas, espertando curiosidades e reinventando mundos. Mostrar ou propor realidades diferentes, a visión contraria ás revolucións tecnolóxicas, e cuestionar o que subxace á nosa vida cotiá, disolta polas pantallas. Xenerar material gráfico interrogador, incómodo, enfadado ou desenfadado, irónico, realista, ou polo menos iso é o que intentamos facer. Viaxamos nunha furgoneta cun prelo tipográfico e coas letras de chumbo e madeira, realizando obradoiros en escolas, bibliotecas museos, centros sociais & culturais... |